Neste tema de Plásticos, dentro do bloque de materiais, queremos profundizar nunha serie de aspectos e técnicas, co que teremos que indagar e buscar información sobre as seguintes cuestións, elexindo duas delas para publicar no noso blog, sempre tratando críticamente calquer cuestión:
1. Qué é a vulcanización do caucho?, O producto que se xenera neste proceso crees que é un plásitco.
2. Busca outros exemplos de cada tipo dos principais plásticos: termoplásticos, termoestables e elastómeros, completando o cadro que fixemos na clase.
3. Con qué fibras textiles está fabricada a roupa que usas? Fíxate nas etiquetas. Son naturais ou sintéticas? de dónde proceden?. En caso de ser sintéticas , cómo se fabrican?
4.Investiga a sustitución por plástico dalgúns productos tecnolóxicos nos últimos anos. Explica consecuencias económicas, ecolóxicas tanto positivas como negativas desa sustitución.
5. Qué son os bioplásticos?Crees que son unha alternativa viable para todos os polímeros derivados do petróleo? Qué papel crees que debe desempeñar o reciclaxe do plastico para lograr reducir o impacto medioambiental?
Elixe o que máis che interese e espero as vosas entradas coas vosas opinións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario